Presentación ‘Fantasma Material’
- 30 min.
Fantasma Material é unha revista nada en 2024 que pretende visibilizar filmografías nas marxes: “un cine non localizado, que busca a súa soberanía expresiva fóra de coordenadas formais e de produción fixas, que inventa a súa forma baixo o empuxe do desexo de existir como celebración da imaxinación humana. Un cine que se manifesta como fenómeno transnacional, en xeral fóra dos circuítos comerciais e de lexitimidade do cine de autor de vitrina. Estas películas, para as que non hai aínda unha definición ou etiqueta, poderían cualificarse como a lingua franca dun cine imperfecto contemporáneo, ao que non lle interesa tanto a calidade como explorar o horizonte de posibilidades que cabe a unha forma de arte térmite, o máis libre posible de predeterminacións”.
Para esta presentación acompañarannos o editor José Luis Aparicio e a colaboradora Karina Solórzano, quen no segundo número da publicación escribe sobre o cine dos cubanos Miñuca e Fernando Villaverde, aos que dedicaron todo un extenso dossier.
Tras a presentación proxectaranse algunhas curtas dos cineastas caribeños, recentemente restauradas pola Filmoteca de Catalunya.
-
Fóra de serie
Presentación ‘Fantasma Material’
Miñuca e Fernando Villaverde; obra seleccionada
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentan: José Luis Aparicio Ferrera, Karina Solórzano. Entrada de balde.
- Ano:2026
- Países de produción: España