
Por los caminos de España
- 87 min.
Manuel Arís, natural de Poio, emigrou a Montevideo con nove anos e na capital uruguaia chegou a dirixir o Centro Galego. Entre 1952 e 1973 coordinou o programa de radio Por los caminos de España, do que este filme é a súa translación cinematográfica. Trátase dun conxunto de estampas de España realizadas nas súas viaxes á Península Ibérica nos anos 50 coa súa cámara de 16 mm. Exhibida no Gran Cine Mitre de Buenos Aires na súa estrea, a fita aguantou alí seis semanas en cartel, logo do enorme éxito de Un viaje por Galicia, que estivera 18 semanas nesa pantalla. Arís foi con estes filmes un referente para a emigración galega de ultramar durante o franquismo.
A dixitalización 2K desta película foi realizada a partir dos materiais en 16 mm conservados na Filmoteca de Galicia. Operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
-
Materiais para unha historia do cine en Galicia
Por los caminos de España
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:1959
- Países de produción: España
- Fotografía: Manuel Arís