
Pesadilla
The Strange Affair of Uncle Harry
George Sanders, Geraldine Fitzgerald, Ella Raines
- 80 minutos
Nova Inglaterra. Un artista frustrado, Harry Quincey, traballa como deseñador nunha empresa textil. Procedente dunha prestixiosa e decadente familia, Harry vive coas dúas irmás. Un día sorprende coa nova da súa próxima voda. Unha historia de soños, fantasmas familiares e relacións tormentosas dá lugar, paso do melodrama ao noir, a un turbio, complexo e implacable filme de crime, incesto e culpa tocado pola censura. A elipse, o uso da banda sonora, as interpretacións -George Sanders, Ella Raines, Geraldine Fitzgerald, Sara Allgood- e o habitual refinamento formal de Siodmak xeran un título tan preciso e ambiguo como sorprendente e pouco coñecido.
- Ano:1945
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Stephen Longstreet; sobre a obra de teatro "Uncle Harry" de Thomas Job
- Fotografía: Paul Ivano
- Montaxe: Arthur Hilton
- Produtora(s): Universal