A partida
A partida
Ánxela Ríos, Claudia Basallo, Fran Lareu, Andrés Giráldez, César Cambeiro, Brais Abad, Gemma do Carmo, Miro Magariños, Quico Cadaval, Adrián Ríos, Davide González, Marcos Orsi, Carlos Sante, Anxo Meis, Quela Servera, Ginebra Santamaría, Xaime Barreiro
- 73 minutos
Trátase dun pseudo-thriller onde seis persoas (4 homes e 2 mulleres), aparentemente descoñecidas entre si, se enfrontan a unha oportunidade única de refaceren as súas vidas, unha partida clandestina de póker. A través dos protagonistas imos coñecendo o seu pasado mediante prolepses e o porqué de que acabasen aí, cunha liña temporal que nos leva ao comezo da partida; así mesmo, a medida que imos afondando nos personaxes, decatámonos de que gran parte deles teñen unha interconexión que conforme transcorre o proxecto vai saíndo á luz, o que provoca que a tensión vaia medrando de forma substancial así que se vai achegando o desenlace do xogo. É doado para o espectador sentirse identificado con algún dos personaxes, xa que hai personalidades de todo tipo, o mesmo que o choque claro dos protagonistas/antagonistas.