Orlando, a miña biografía política
Orlando, ma biographie politique
Paul B. Preciado, Oscar S. Miller, Elios Levy, Koriangelis Brawns, Ruben Rizza, Amir Baylly, Jenny Bel’Air, Emma Avena, Virginie Despentes, Castiel Emery, Fréderic Pierrot
- 98 minutos
En 1928, Virginia Woolf publica Orlando, a primeira novela na que o personaxe principal muda de sexo en medio da historia. Un século máis tarde, o filósofo Paul B. Preciado (Burgos, 1970) decide escribirlle unha carta a Virginia Woolf: o seu Orlando saiu da ficción e leva unha vida que xamais tería imaxinado. Preciado convoca un casting: “Quen son os Orlandos contemporáneos?”. Vintecinco persoas diferentes, todas trans e non binarias, de entre oito e setenta anos interpretan o personaxe ficticio de Woolf ao tempo que narran as súas propias vidas, xunto a unha serie de arquivos trans de mediados do século XX que evocan aos Orlandos históricos reais na súa loita polo recoñecemento e a visibilidade. Con referencias ao cine underground queer de Kenneth Anger, Jack Smith pasando por Jesús Garay ou Ashley Hans Scheirl, un diario de viaxe a través da historia, á vez íntimo e político.
- Ano:2023
- Países de produción: Francia
- Guión: Paul B. Preciado
- Fotografía: Victor Zébo
- Produtora(s): Films du Poisson, 24images, arte