Orlando
Tilda Swinton, Billy Zane, Lothaire Bluteau, Quentin Crisp, John Wood, Charlotte Valandrey, Heathcote Williams, Toby Jones.
- 94 minutos
Adaptación cinematográfica da novela homónima escrita por Virginia Woolf. Orlando, un personaxe andróxino e inmortal, vive a fluidez de xénero coa mesma naturalidade que vive a pasaxe do tempo, de século a século. Tilda Swinton interpreta o papel protagonista neste filme que se erixiu, tal e como a novela, nun clásico feminista para grandes públicos.
Nacida en Londres en 1949, Sally Potter comezou a súa carreira artística no terreo da performance, da coreografía, da música e da danza ata crear a súa propia compañía, a Limited Dance Company. Desde moi nova combinou estas actividades coa realización de documentais e filmes experimentais.
-
Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona. 30 anos de traxectoria e feminismos fílmicos (Itinerancias)
Orlando
Versión lingüística:VOSEFormato:HDEntrada de balde
- Ano:1992
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Sally Potter, adaptación de Virginia Woolf
- Fotografía: Aleksey Rodionov
- Montaxe: Hervé Schneid
- Produtora(s): Christopher Sheppard