
Obsesión
Magnificent Obsession
Jane Wyman, Rock Hudson, Agnes Moorehead, Barbara Rush
- 108 minutos
Un vulgar playboy é salvado da morte logo dun accidente nun bote grazas ao respirador que se garda para un doutor enfermo. Ao mesmo tempo, o doutor sofre un colapso e morre. Merrick é hospitalizado na clínica do falecido. Cuns mimbres dramáticos absolutamente excesivos, produción de Ross Hunter e as pegadas dun filme previo de John M. Stahl (Sublime obsesión, 1935), Douglas Sirk amosa de modo maxistral as excelencias da súa talentosa posta en escena: múltiples técnicas de iluminación, elegantes e xeitosos movementos de cámara e un intelixente uso da música.
- Ano:1954
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Robert Blees; novela Lloyd C. Douglas
- Fotografía: Russell Metty
- Montaxe: Milton Carruth
- Produtora(s): Universal