Nobleza baturra
Imperio Argentina, Juan de Orduña, Manuel Luna, Miguel Ligero
- 88 min.
A filla do acomodado tío Eusebio, María del Pilar, é admirada por tódolos mozos do seu pobo. Ela é a noiva secreta de Sebastián, pero o seu pai ve con mellores ollos a Marco, de familia tamén acomodada.
- Ano:1935
- Países de produción: España
- Guión: Joaquín Dicenta
- Fotografía: Heinrich Gärtner
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
Manuel Palacio
Os avatares da recepción histórica de Nobleza baturra foron do máis diverso. Non podía deixar de ocorrer, porque o film é unha das películas maiúsculas, en sentido literal, do cine español. Vexámolo. Como en aillados casos, de Nobleza baturra rodáronse tres versións; o film estreouse, con motivo das festas do Pilar de 1935 e, como en poucas ocasións sucedeu, en trinta e cinco cidades simultaneamente: algúns dos seus temas musicais convertéronse en parte constitutiva da historia da música popular española do século XX; a película foi un dos máis importantes éxitos do cine español fóra das súas fronteiras, e de feito algúns autores considerárona como unha das fontes de inspiración de, por exemplo, a comedia rancheira mexicana.
(...) Nobleza baturra é filmicamente un traballo excelente. Florián Rey manexa con absoluta desenvoltura as partes de comedia e as de drama; é máis, axusta perfectamente ambos recursos estilísticos no conxunto unitario da película. Pode, así mesmo, que nos encontremos no film cunha das utilizacións da música máis pertinentes do cine español, tanto no referente á imbricación narrativa das jotas na película canto á súa resolución filmica; de feito, a secuencia do baile de jotas non ten nada que envexar a calquera peza do máis afamado director de musicais.