![Negro púrpura](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/negro_p_rpura-979678279-large.jpg?itok=FPxcMc1o)
Negro púrpura
- 90 minutos
Autoras de varios traballos conxuntos, Sabela Iglesias e Adriana Pérez Villanueva posúen a produtora Illa Bufarda, estabelecida desde parámetros de independencia e reivindicación. Fíos fóra (2015), aproximación ao sector textil desde unha perspectiva crítica, aparece como un dos seus títulos previos de maior difusión. En Negro púrpura, elaboran un thriller antropolóxico froito de anos de traballo ben documentado, con gravacións realizadas entre 2018 e 2020 en varias localidades galegas.
O documental traza un relato a partires da historia do hongo psicoactivo cláviceps purpúrea e nos imbúe de toda unha serie de claves para comprender mellor a súa natureza en relación coa contorna. Magmático nas súas interpelacións, resonancias e motivos –a CIA, Albert Hoffmann, a medicina popular, a ciencia ou as orixes da ruta Xacobea-, percorre fundamentalmente a segunda métade do século XX.
A través desta figura botánica, asistimos ao desenvolvemento dunha narración singular, connotada na súa plasmación de motivos fiados por dous elementos esenciais: a importancia do uso do obxetual ou material –de mobles ou reloxios á televisión (depositaria de metraxes históricas)- e a amalgama de materiais que van a exercer un efecto multiplicador do conxunto (arquivo, lecturas, gravacións, testemuñas e conversas ou cancións populares), coa fascinación da súa insólita banda sonora, obra de Paulo Pascual e composta a partires dun theremin.
- Ano:2021
- Países de produción: España
- Guión: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
- Produtora(s): Illa Bufarda