Los pájaros
The Birds
Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy, Suzanne Pleshette
- 120
Melanie preséntase en Bodega Bay para levar un agasallo de aniversario, dous paxaros. Nada máis chegar á localidade, unha gaivota férea na fronte. Melanie pasa a noite no lugar e ao día seguinte hai novos ataques de aves. O pánico apodérase da poboación. “Cada novo ataque, cada preparación supón un desafío ao seu dominio do tempo e do espazo, ao seu sentido da fragmentación e da montaxe e á súa capacidade de xogar cos mecanismos do espectador. Neste sentido, é doado comprobar a súa astucia para utilizar en proveito propio o poder de persuasión da imaxe e a nosa predisposición a grandes excitacións: ao temor polos ataques únese o ansioso desexo de que teñan lugar, de que cada un supere en atrocidade ao anterior […] Para os personaxes os paxaros son a rebelión do caótico e do irracional. Para Hitchcock, se cadra, a mera representación dos temores ocultos das súas criaturas: o cruel reflexo do seu propio desamparo e precariedade. E se así é, faise lícito pensar que os paxaros non existen. Os paxaros somos nós ” (José María Carreño, Alfred Hitchcock).
- Ano:1963
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Evan Hunter; Daphne du Maurier (obra)
- Fotografía: Robert Burks
- Montaxe: George Tomasini
- Produtora(s): Universal