Los cuatrocientos golpes
Les Quatre Cents Coups
Jean-Pierre Léaud, Albert Rémy, Claire Maurier
- 93 minutos
Un cativo de trece anos, Antoine Doinel, leva unha problemática vida co padrasto e coa nai. Doinel é un cativo soñador, inconformista, en parte asocial, que dificilmente atura o mundo familiar cheo de amargura. Unha mentira escolar faino meditar sobre a fuxida. Primeira (e mítica) película de Truffaut, un dos filmes que axudaron a construír a Nouvelle Vague. Comezouse a rodar un día antes da morte do seu mestre André Bazin, foi premiada en Cannes e tivo un importante éxito de público. Destacan as aparicións de Jeanne Moreau e Jean-Claude Brialy.
-
François Truffaut
Los mocosos
Los cuatrocientos golpes
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
-
François Truffaut
Los mocosos
Los cuatrocientos golpes
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
-
Ó redor da Nouvelle Vague
Los cuatrocientos golpes
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Sección do ciclo: 'O núcleo duro da Nouvelle Vague'.
-
Ó redor da Nouvelle Vague
Los cuatrocientos golpes
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Presentación do libro 'En torno a la Nouvelle Vague', a cargo de Carlos F. Heredero e José Enrique Monterde. Entrada gratuíta.
-
50 aniversario do festival de Cannes
Los cuatrocientos golpes
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección previa de Corazones mojados (Ana González, 1996) 10'
-
50 aniversario do festival de Cannes
Los cuatrocientos golpes
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección previa de Corazones mojados (Ana González, 1996) 10'
-
-
- Ano:1959
- Países de produción: Francia
- Guión: François Truffaut, Marcel Moussy
- Fotografía: Henri Decae
- Montaxe: Marie-Josèphe Yoyotte
- Produtora(s): Les Films du Carrosse, SEDIF
Texto crítico polo 50 aniversario do festival de Cannes
Jacques Siclier
A primeira longametraxe de François Truffaut marcou o triunfo da nouvelle vague no Festival de Cannes de 1959, onde recibiu o Premio ó Mellor Director e o Premio da OCIC. Deixou o recordo do xove Jean-Pierre Léaud, encarnando a Antoine Doinel, que era, un pouco, Truffaut de neno. Antoine Doinel fíxose, desde entón, un personaxe maior do cine de Truffaut, quen o seguiu ata os trinta anos, con L'Amour en fuite (1978). Doinel e Léaud (o actor existiu, segue existindo a parte deste papel) avellentaron xuntos, confundíndose. Noutro tempo, entretivémonos demasiado na vertente «social» do tema dos 400 coups. Truffaut empregaba entón os métodos do neorrealismo (rodaxe en decorados reais, actores decoñecidos) para narrar, non só segundo a súa propia experiencia, a crónica do decimoterceiro ano dun neno perdido. Por suposto, podiamos, podemos aínda, ver nela unha obra que chama a atención dos pais e dos educadores sobre a comprensión, a salvagarda da infancia, pero desde logo non constitúe o esencial. Truffaut, que se sublevara, cando era crítico de cine, contra as películas psicolóxicas e sociais do estilo Chiens perdus sans colliers, non caeu nos erros que el denunciaba. Situouse constantemente, con tenrura, con pudor, ás veces con humor, do lado de Antoine, este rapaz mal amado, inestable, en busca de cariño. Ó filmar o seu comportamento logrou facer comprender o seu mundo interior. Les 400 coups é o diario íntimo de Antoine Doinel ós 13 anos: falta de afecto, desexo de independencia, espertar da pubertade, rebelión.