Los comulgantes
Nattvardsgästerna
Ingrid Thulin, Max von Sydow, Gunnar Björnstrand, Gunnel Lindblom, Allan Edwall, Kölbjorn Knudsen, Olof Thunberg, Elsa Ebbesen, Tor Borong, Bertha Sannell
- 80 minutos
Un párroco rural ten unha crise de fe perante a incapacidade de axudar a unha parella de campesiños e os sentimentos que ten pola mestra da vila.
- Ano:1963
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Ulla Ryghe
- Produtora(s): Svensk Filmindustri (SF)
-
Ingmar Bergman: demonios y silencios
Artigo de Vera-Meiggs en La Panera sobre as triloxías do silencio e do terror
Ingmar Bergman: God is Silent
Ensaio fílmico con treitos de varias películas de Bergman sobre a idea do silencio de Deus.
Fontes de inspiración
Fundación Ingmar Bergman
Se ben o detonante inmediato do filme fora a Sinfonía dos salmos de Stravinsky, aínda así houbo con certeza outras fontes de inspiración. Dado o tema relixioso da película, esta foi o suxeito dunha extensa esexese, mesmo nos parámetros da escolástica de Bergman: intérpretes teólogos viron no filme unha representación da paixón máis ou menos disfrazada. Tamén se suxeriu que Tomas Ericsson pasa por sete “estadios” que equivalen ao camiño de Xesús cara á cruz. Outros ven en Märta Lundberg a figura de Cristo na película (coma Xesús, ten 33 anos e un eccema nas mans e na cabeza que a estigmatiza). [...]
Mesmo se Bergman refutou certas interpretacións relixiosas, non é que estas non teñan base: está claro que, ao menos, el mesmo vía a película como unha parábola teolóxica. [...]
Los comulgantes ten tamén paralelismos con outros filmes previos, non de Bergman. A súa sinxeleza recorda ao traballo de Carl Theodor Dreyer e Robert Bresson. Bergman ve, deste último, Diario de un cura rural por terceira vez pouco antes de comezar a rodar, en compañía de Ulla Isaksson e Vilgot Sjöman. As teorías de Dreyer sobre a “abstracción” como unha ferramenta para estenderse alén da superficie das cousas, amplificando polo tanto o espiritual, supoñen un método que tamén emprega Bergman en Los comulgantes. Lese ou non o libro de Dreyer About Film: Articles and Interviews, publicado dous anos antes, está claro que adoptou o método na súa recoñecida admiración por Dreyer.