Lolita
Lolita
James Mason, Sue Lyon, Shelley Winters, Peter Sellers
- 153
 
O profesor Humbert introdúcese na casa do escritor Clare Quilty e mátao. A partir de aí lembra os seus últimos catro anos. Especialista en literatura francesa, aluga un cuarto para o verán en New Hampshire na casa dunha viúva, Charlotte, cuxa filla adolescente, Lolita, o atrae irresistiblemente. A súa vida non volverá ser a mesma. A través da adaptación da novela homónima de Vladimir Nabokov, tamén en funcións de guionista, Kubrick constrúe un filme hábil e controvertido, excelentemente realizado e interpretado, sutil e intelixente, que sabe buscar o equilibrio entre a comedia costumista máis negra e o relato de obsesión sexual orixinal.
- Ano:1962
 - Países de produción: Estados Unidos
 - Guión: Vladimir Nabokov (e novela)
 - Fotografía: Oswald Morris
 - Montaxe: Anthony Harvey
 - Produtora(s): Seven Arts, Anya, Transworld