Liberté
Helmut Berger, Ingrid Caven, Stefano Cassetti, Leonie Jenning, Catalin Jugravu, Anne Tismer
- 132 minutos
Non hai falta de decisión en Albert Serra: o seu cruising ambientado en 1774 provocou desde fuxidas ata aplausos en Cannes, onde se fixo ademais co Premio Especial do Xurado de Un Certain Regard. Seguindo pola vieiro de Història de la meva mort e La muerte de Luis XIV, Liberté conta a historia dun grupo de nobres franceses que exportan a libertinaxe a Alemaña. O sexo como igualador de clases, como elemento eternamente perturbador e incorrecto, a sede que nunca acouga, signo deste tempo e daqueloutro. Un xogo de olladas desexantes e corpos desexados. Coma o cine. [Catálogo Festival de Sevilla 2019]
- Ano:2019
- Países de produción: Alemaña, España, Francia, Portugal
- Guión: Albert Serra
- Fotografía: Artur Tort
- Montaxe: Ariadna Ribas, Albert Serra, Artur Tort
- Produtora(s): Idéale Audience, Rosa Filmes, Andergraun Films