Las gentiles
África de la Cruz, Paula Díaz, Olga Navalón
- 77 minutos
Santi Amodeo (El factor Pilgrim, Astronautas) brinda unha película de culto sobre a adolescencia, Las vírgenes suicidas da era de Instagram camiñando polas rúas dunha Sevilla moi puoco vista. Ana, 17 anos, da saída nas redes (en fotos, vídeos, animacións e ácidos textos) ao momento singular que vive, máis aló dos conflitos familiares e de identidade. Pasa que sinte algo que non entende pola súa amiga Corrales. En medio diso, ela e o seu grupo de amigas entran en contacto por internet con outros adolescentes atraídos pola idea romántica de quitarse a vida. Honesta e emocionante, contén a magnética fotografía de Alex Catalá, música de Bronquio e o propio Amodeo, e un grupo de actrices novas que darán moito que falar.
- Ano:2021
- Países de produción: España
- Guión: Santi Amodeo, Rafael Cobos
- Fotografía: Álex Catalán
- Montaxe: José M. G. Moyano, Darío García García
- Produtora(s): Las Gentiles AIE, Grupo Tranquilo PC, Sacromonte Films