Leto
Teo Yoo, Irina Starshenbaum, Roman Bilyk, Aleksandr Kuznetsov, Filipp Avdeev
- 126 minutos
Leningrado, 1980. En pleno desxeo soviético, uns poucos mozos viron a luz ao descubrir o rock. Os anteollos de Lou Reed, o cabelo dos Pistols, a felicidade de Marc Bolan, o son da Velvet: new wave, psicodelia, glam rock e punk, todo avolto e asimilado de golpe nunha escena heroica e efervescente, en medio da cal, un triángulo amoroso se formula entre Mike, músico consagrado, a muller Natasha e Viktor, discípulo de Mike. Una película pletórica e ao tempo nostálxica, filmada nun branco e negro ao Anton Corbijn e salferida de vibrantes animacións, presentada en Cannes mentres o seu director, Kirill Serebrennikov, estaba baixo arresto domiciliario pola súa oposición a Putin. [Catálogo Festival de Sevilla 2018]
- Ano:2018
- Países de produción: Francia, Rusia
- Guión: Michael Idov, Lily Idov, Kirill Serebrennikov
- Fotografía: Vladislav Opeliants
- Produtora(s): Hype Film, KinoVista, Centre National du Cinéma et de L'image Animée (CNC)