Les hautes solitudes
Les hautes solitudes
Jean Seberg, Nico, Tina Aumont, Laurent Terzieff
- 80
Retrato da actriz Jean Seberg no seu apartamento de París, levemente inspirado n'O Anticristo de Friedrich Nietzsche.
___
Agradecementos: Cineinfinito.
- Ano:1974
- Países de produción: Francia
- Guión: Philippe Garrel
- Fotografía: Philippe Garrel
- Montaxe: Philippe Garrel
Philippe Garrel par Thierry Jousse - Blow up - ARTE
O realizador Thierry Jousse dá a súa visión persoal do cine de Philippe Garrel no programa da canle ARTE Blow Up.
Philippe Garrel en substance
Philippe Azoury
“Esa aura completamente fantasmal, ese allure polo xeral encantado, debémosllo por completo a esa película caducada de doce anos, que lle achega á imaxe efectos cribados, unha granulación, unha violencia nos seus brancos e na debilidade das sombras, todo un claroscuro da caducidade? Non, iso non sería suficiente. Trátase do conxunto, na súa arquitectura global, que nos deixa pensativos.
Les hautes solitudes, por exemplo. O seu título tómao en parte emprestado dunha colección de poemas de Léon-Paul Farge (que nomeou en singular: Haute solitude) e designa o fondo mesmo do proxecto: non só filmar o que desexamos, senón entrar no rostro dunha muller como quen entra nos seus soños. E non buscar nada máis que captar ese eco do silencio interior tal como emerxe á superficie do rostro.
Fixar o illamento dunha rapaza mediante a duración. A rapariga é Jean Seberg, a Xoana de Arco hollywoodiana e heroína da Nouvelle Vague en À bout de souffle, coa súa camiseta do Herald Tribune e o seu pantalón corsario, cansa de ser estrela, exiliada polo tanto en París para facer esquecer por pouco o seu compromiso coas Panteras Negras, xulgado como escandaloso pola América ben pensante. A esta exiliada interior, Garrel irá filmala cada día – coma un pintor fronte á súa modelo. (…)
Todo isto sen unha palabra, sen unha explicación. Simplemente creando un vínculo de forma arbitraria, tomando o bosquexo coma debuxo final e percibindo que é mellor así, cando as cousas respiran e existen unha a carón da outra, unidas simplemente polo feito de que cada unha das súas secuencias teña sido filmada nunha intimidade absoluta, coa mesma improvisación, coa mesma petición de abandono. Terase así extraído desta relación entre o que filma e a observada un dispositivo secreto que quita ao cine toda a súa graxa para quedar só coa perigosa fascinación. A man non treme, ela pon o carbón”.
En Philippe Garrel en substance, de Philippe Azoury (Capricci, 2013), pp. 57-59.