Le joli mai
Le joli mai
- 145 minutos
París, maio de 1962. A guerra de Alxeria acaba de terminar cos acordos de Evian. Neste primeiro mes de paz logo de sete anos, que fan, en que pensan os parisienses? Os seus testemuños debuxan aos poucos un retrato en vivo da Francia de inicios dos sesenta. (Institut Français)
Le joli mai
Chris Marker
Atopámonos con homes libres. A eles dedicamos a parte máis importante neste filme: a aqueles que son quen de se faceren preguntas, de negar, de comprometerse, de reflexionar ou simplemente de amar. Non carecían de contradicións e mesmo de erros, mais avanzan cos seus erros, e a verdade pode non ser a fin, de feito posiblemente sexa o camiño. Mais cruzámonos tamén con outros, moitos, sobre os que a ollada do prisioneiro se detén, algo incrédula, porque, neles, a prisión está no interior.
Mais que é isto? Están en París, a capital dun país próspero nun mundo que cura lentamente esas doenzas hereditarias que considera xoias familiares: a miseria, a fame, a fatalidade, a lóxica. Están a abrir, talvez, o segundo cambio de liñas na historia humana dende o descubrimento do lume. E logo? Ten medo das pantasmas? Pode ser, como se adoita dicir, que pensen moito en vostedes mesmos? Ou será que, sen sabelo, pensan moito nos outros? Talvez sintan de forma confusa que a súa sorte está ligada á dos outros, que a felicidade e o infortunio son sociedades secretas, tan secretas que están afiliadas a elas sen sabelo? E que, sen oíla, abrigan nalgures unha voz que di: mentres exista a miseria, vostede non pode ser rico; mentres exista a tristeza, vostede non será feliz; mentres existan as prisións, vostede non será libre.
(Chris Marker en Positif, nº 54-55, 1963, p.114)