
Las herederas
Örökség
Lili Monori, Isabelle Huppert, Jan Nowicki
- 109 minutos
1936. Szilvia é unha aristócrata infértil. Convence á súa nova amiga Irén para que lle dea un fillo co seu marido Ákos. Este, que debe o seu éxito na carreira militar ás influencias da súa muller, non se sinte cómodo coa proposta, mais sucumbe aos encantos da bela Irén. Acaban por vivir xuntos con Ákos levando unha dobre vida entre a casa da súa muller e a da súa amante. A parella ten un segundo fillo, mais cando os fascistas chegan ao poder, a orixe xudía de Inés permitirá a Szilvia vingarse deles.
Mészáros traslada algúns dos seus temas predilectos, como a maternidade e as relacións de poder, a un filme de época suntuoso, posible grazas á alianza con Gaumont. Eles poñen a Isabelle Huppert no rol de Inés, muller verdadeiramente maltratada pola súa suposta amiga, que controla co seu diñeiro e influencias tamén ao seu marido. Contrariamente a outros exemplos de sororidade que existen na obra da húngara, aquí mostra a unha Lili Monori quen dos actos máis malvados, dándolle a volta ás estruturas do poder que denunciaba nos seus primeiros filmes. Baseada nunha historia real, desenterra algunhas das vergoñas do pasado do seu país, labor que continuará nos seus diarios.
- Ano:1980
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros, Ildikó Koródy, Jan Nowicki
- Fotografía: Elemér Ragalyi
- Montaxe: Annamária Komlóssy
- Produtora(s): Mafilm Studio Hunnia, Gaumont