La virgen de agosto
Itsaso Arana, Vito Sanz, Joe Manjón, Isabelle Stoffel, Mikele Urroz, Luis Heras
- 125 minutos
Madrid en verán significa calor abafante, rúas baleiras e pouco que facer. Mais Jonás Trueba demóstranos que non ten que ser así: xusto cando a capital se desfai da súa angustia rutinaria, florece un estilo de vida centrado nas relacións persoais e a autodescuberta. A través de Eva, o director madrileño, con esa maneira tan elegante, próxima e pausada que ten de filmar situacións mundanas, vólvenos presentar unha xeración, esa que transita entre os 30 e os 40, empeñada en verbalizar as súas frustracións e que se pregunta decote sobre como ser «unha persoa de verdade». E nesa busca, entre verbenas, encontros fortuítos e novas amizades, xorde, case sen que nos deamos conta, unha pequena historia sinxela e emocionante, chea de maxia e veracidade. [Víctor Blanes Picó, Catálogo FICX 2019]
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Jonás Trueba, Itsaso Arana
- Fotografía: Santiago Racaj
- Montaxe: Marta Velasco
- Produtora(s): La virgen de agosto AIE, Los ilusos films