
La emperatriz Yang Kwei-Fei
楊貴妃
Machiko Kyô, Masayuki Mori, Sô Yamamura, Eitarô Shindô, Eitarô Ozawa, Haruko Sugimura, Yôko Minamida, Bontarô Miyake
- 98 minutos
Desconsolado logo da morte da súa primeira esposa, o emperador Huan Tsung namórase dunha moza plebea.
- Ano:1955
- Países de produción: Xapón
- Guión: Matsutaro Kawaguchi, Masashige Narusawa, Yoshikata Yoda, Ching Doe
- Fotografía: Kohei Sugiyama
- Montaxe: Kanji Suganuma
- Produtora(s): Daiei
-
Crítica en Esculpiendo el tiempo
Por Ricardo Pérez Quiñones
Extracto do filme
Versión orixinal
Un paseo por los bosques narrativos del cine de Mizoguchi
Àngel Quintana
Un dos estilemas que determinan a estruturación dalgúns relatos de Mizoguchi é a dualidade, entendida como a confrontación de forzas entre dous personaxes. Algunhas películas centran o seu núcleo dramático ao redor de personaxes principais, un dos cales se presenta coma un estadio avanzado dunha determinada forma evolutiva cara á que tende o segundo personaxe. Esta dualidade permite focalizar a narración cara a dúas direccións que esporadicamente se cruzan. Un dos títulos onde o xogo da dualidade se expón con máis lucidez é La mujer crucificada /Una mujer de la que se habla (1954). O relato céntrase en dúas personaxes femininas: Hatsuko, que actúa como propietaria dunha casa de gueixas, sobre todo despois de que a súa amante a abandone pouco tempo despois de coñecer as súas orixes. Toda a película se articula entre a tensión existente entre Hatsuko e Yukiko. Os seus intereses converxen no epicentro do relato, no momento en que ambas acaban namoradas dun mesmo home: un mozo doutor. Ao final, a nai debe ceder terreo á filla, que acaba ocupando o posto de propietaria do prostíbulo. Yukiko xa suplantou o papel e a situación de poder de Hatsuko. O mesmo choque de dualidades dentro do universo das gueixas rexe o desenvolvemento dramático de Los músicos de Gion (1953), cuxo epicentro é a historia dunha gueixa que introduce unha moza nos hábitos do oficio, ata o momento en que esta toma conciencia da súa posición e se rebela contra o mundo pechado en que vive.
A dualidade non só se manifesta coma un xogo de forzas dirixido á usurpación duns determinados papeis, xa que pode adquirir unha dimensión psíquica a partir da confrontación entre o mundo dos ideais e o das aparencias. En Señorita Oyu, a dualidade feminina marca o destino do personaxe central que se debate entre a muller central inaccesible e a muller corpórea á que estivo destinada. Mizoguchi contrapón a personalidade de Oshizu, unha esposa resignada, á de Oyu, unha muller desexada coa que non pode casar debido á súa condición de viúva cun fillo. A suplantación do sexual fronte ao social marca a dicotomía interna da película. (…) A dualidade entre dúas mulleres atópase impregnada dunha certa espiritualidade en La emperatriz Yang Kwei-Fei, onde a moza encargada da limpeza do mundo da corte suplanta a princesa morta ata o punto de que o emperador Hsuan Tsuang chega a amala como auténtica reencarnación da ausente. O peso do dobre proxéctase no interior dun personaxe incapaz de distinguir entre o mundo dos mortos e o dos seus reflexos.
Àngel Quintana, en “Un paseo por los bosques narrativos del cine de Mizoguchi”, Nosferatu. Revista de Cine, núm. 29, xaneiro 1999.