La ciudad oculta
- 80 minutos
Logo de infiltrarnos no Edificio España, simbólico edificio madrileño, Víctor Moreno condúcenos a unha viaxe sensorial e case lisérxica polo subsolo da cidade: a vasta armazón de galerías, túneles, tubaxes, sumidoiros, redes de transportes, estacións subterráneas, zonas de lecer e consumo que bolen baixo os nosos pés. Unha realidade tan agochada que case parece irreal, nunha sensual fusión de antropoloxía e ciencia ficción que nos convida a reflexionar sobre que oculta a idea de progreso en que se alicerza a nosa sociedade. [Catálogo Festival de Sevilla 2018]
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Rodrigo Rodriguez, Nayra Sanz Fuentes, Victor Moreno
- Fotografía: Jose A. Alayon
- Montaxe: Samuel M. Delgado, Victor Moreno
- Produtora(s): El Viaje Films, Rinoceronte Films, Pomme Hurlante Films, Dirk Manthey, Kino Pravda