La casa en la sombra
On Dangerous Ground
Ida Lupino, Robert Ryan, Ward Bond
- 82 minutos
Un violento e solitario policía, Jim Wilson, está amargado pola convivencia de anos co mundo do crime. O seu carácter tormentoso e métodos contundentes cos sospeitosos créanlle constantes conflitos. Os seus xefes deciden afastalo da cidade durante un tempo, polo que lle encomendan un caso de asasinato nunha arredada rexión montañosa. Unha vez alí, a súa personalidade dará un xiro imprevisto, debido, por unha banda, á súa relación co pai da vítima, un home sedento de vinganza, e, por outra, coa irmá do asasino, unha moza sensible, capaz de comprender o temperamento e a soidade de Wilson. Poética, romántica, vibrante, cine negro con feituras de melodrama estilizado, excelente elenco e banda sonora (de Bernard Herrmann) tan sedutora como xeradora de atmosfera.
- Ano:1951
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: A.I. Bezzerides; novela Gerald Butler
- Fotografía: George E. Diskant
- Produtora(s): RKO Radio Pictures