Imitación a la vida
Imitation of Life
Lana Turner, John Gavin, Sandra Dee, Juanita Moore
- 125 minutos
O adeus de Douglas Sirk a Hollywood, a Estados Unidos e ao cine logo de non prolongar, voluntariamente, o seu contrato con Universal malia o enorme éxito desta película. De novo estamos ante un melodrama a modo de versión dun filme anterior de John M. Stahl, nesta ocasión Imitación a la vida (1934). Lora Meredith é unha actriz sen éxito que ten unha cativa. Lora contrata a unha muller negra, Annie, para as tarefas domésticas. Annie ten tamén unha filla, Sarah Jane, que tenta facerse pasar por branca. Namentres Lora trata de relanzar a súa carreira, coa consecuencia dos problemas coa súa filla e o seu amante, Steve Archer. A destreza narrativa e visual de Sirk facilita a construcción dun ton e un ambiente testamentarios, testemuña dun modo de facer cine irrepetible.
- Ano:1959
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Eleanore Griffin, Allan Scott; novela de Fannie Hurst
- Fotografía: Russell Metty
- Montaxe: Milton Carruth
- Produtora(s): Universal