Ibun sarutobi sasuke (O samurai espía)
Koji Takahashi, Eiji Okada, Seiji Miyaguchi, Kei Sato, Jun Hamamura, Yasunori Irikawa, Shintaro Ishihara.
- 88 min.
Un filme chambara ou de espadachíns cun ton claramente político, que serve a Masahiro Shinoda para reflectir a inestabilidade social de Xapón da época e como esta situación avolta produce unha fonda desorientación nas xeracións máis novas. En concreto, o director transpórtanos aos anos posteriores á Batalla de Sekigahara (1600) en que o clan Tokugawa está construíndo unha hexemonía que duraría máis de dous séculos e medio. O protagonista do filme, un espía ao servizo dun pequeno clan, vese mergullado nunha loita de poder onde non ten claro de que parte debe estar.
-
ESENCIAIS: MASAHIRO SHINODA
Ibun sarutobi sasuke (O samurai espía)
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.
- Ano:1965
- Países de produción: Xapón
- Produtora(s): Shochiku