
Hasta el fin del mundo
Until the End of the World / Bis ans Ende der Welt
William Hurt, Solveig Dommartin, Sam Neill, Jeanne Moreau, Max Von Sydow, Rüdiger Vogler
- 150 min.
De volta de Venecia, Claire choca co coche de dous atracadores, que acaban de roubar un banco en Niza e que a convencen para que lles leve o diñeiro a París.
- Ano:1991
- Países de produción: Alemaña, Australia, Francia
- Guión: Peter Carey, Wim Wenders, Michael Almereyda (Idea: Solveig Dommartin)
- Fotografía: Robby Müller
En Nosferatu nº16, especial Wim Wenders
Ricardo Aldarondo
Como un compendio de todo o cine de Wim Wenders, Ata o fin do mundo convértese nun espectáculo multidireccional no que o director alemán leva ó estremo a súaa vontade de facer do mundo un único espacio a través da viaxe incesante, poñendo de manifesto unha vez máis que é capaz de moverse como peixe na auga nun terreo particular que ten as súas fronteiras entre o sublime e o ridículo: Ata o fin do mundo responde a un dobre sentimento, de fascinación e de medo, ante a chegada do ano 2000. Un dobre sentimento que amplía ó mundo da tecnoloxia a súa incidencia na vida e nos sentimentos das persoas.
Esta ficción futurista, que comeza con trazos de thriller e se converte nunha aventura estrambólica a través do mundo, é un dos máis atrevidos e queridos proxectos de Wenders, que contou cun amplo presuposto para levar a cabo un xogo audiovisual irregular en canto a estructura e obxectivos concretos, pero seductor polo seu torrente de ideas e imaxes alopadas. Unha marcianada que presenta un Wenders libre de ataduras, probando, mesturando e deseñando fórmulas máis alá do establecido.
O xogo de persecucións que conduce Claire (de novo Solveig Dommartin) na primeira parte funciona a trompicóns, pero vai marcando a liberdade que impera no território que busca Wenders para un filme falado en numerosos idiomas, no que se pasa continuamente de Francia a Alemania, de ai a Xapón (cunha homenaxe a Ozu a través da presencia do seu actor favorito, Chishu Ryu), a Estados Unidos e ó deserto australiano, onde se concreta a anédota de ciencia ficción que substenta o filme: no ano 1999, un satélite está a piques de explotar e pode causar o fin do mundo.
O bo gusto musical de Wenders e a súa conexión con algúns dos mais válidos nomes do rock, desembocan nunha espléndida utilización da banda sonora, a través das cancións, case todas grabadas para a ocasión, de ilustres como Talking Heads, Nick Cave, Julie Cruise, Patti Smith, Elvis Costello, Lou Reed, U2, Neneh Cherry e Can, entre outros. As múltiples paisaxes nos que se vai desenvolvendo a acción do primeiro para converterse en férreo propio e unitoria gracias á fotogroria en chillantes colores e brillante luminotenia de Robby Müller, punto fundamental na aventura audiovisual que o filme quere definir, e irase concretando na segunda parte. Os videoteléfonos, as futuristas motos de policia, a cámara para imaxes que poidan ver os cegas, son os signos dun futuro tan alentador como temible. Wenders apóiase neses ele mentos e no laboratorio da descomposta familia do personaxe de Wiliam Hurt, para mergullarse nas posibilidades da imaxe, sen renunciar ás suas reglas do cine, pero adoptando rasgos do videoclip e a imaxe electrónica. O enredo de espionaxe e persecución presentado desemboca nunha viaxe interior a través do ordenador e a memoria humana que transforma a habitual fascinación viaxeira de Wenders, con máis dunha referencia á secuencia alucinóxena de 2001, unha odisea do espacio, nun curioso drama familiar ecolóxico-futurista no que o home se salva das súas propias catástrofes. A máquina coa que William Hurt fotografía escenas por todo o mundo para que a súa nai, cega, poida ver ós seus familiares por primeira vez en cincuenta anos, salva algunhas carencias pero non pode evitar mostrar tamén a decadencia e a dor.
Nese espectáculo total, no que cabe o sentimentalismo e o sarcasmo case ó mesmo tempo, que quere deseñar Wenders, o pulso non é constante, pero esa irregularidade marcada polo esceso e a falta de pudor fan de Ata o fin do mundo un dos filmes máis atractivos de Wenders.