Gritos y susurros
Viskningar och rop
Harriet Andersson, Kari Sylwan, Ingrid Thulin, Liv Ullmann, Anders Ek, Inga Gill, Erland Josephson
- 91 minutos
Tres irmás reúnense nunha antiga mansión familiar cando unha delas está próxima á morte. Lembran capítulos do pasado e, cando a enferma está a piques de finar, revela escuros segredos.
- Ano:1972
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Siv Lundgren
- Produtora(s): SFI Filmkonsulent / Cinematograph AB
-
Crítica en suplemento El Cultural (El Mundo)
por Manuel Hidalgo
Peza de cámara en vermello sobre unha muller moribunda e as súas irmás
Fundación Ingmar Bergman
“A primeira imaxe que non deixaba de virme á cabeza, unha e outra vez: o cuarto acortinado en vermello con mulleres aviadas en branco. Así é: as imaxes emerxen de forma teimosa unha e outra vez sen que me decate de que queren de min; despois desaparecen para retornar unha vez máis, e teñen exactamente a mesma aparencia”.
Coma con Persona, Bergman engadiu un limiar ao seu guión, destinado esencialmente aos membros do equipo. En termos de atmosfera é coherente coa película finalizada e tamén inclúe descricións da concepción orixinal de Gritos y susurros.
Moitos críticos viron nas catro mulleres centrais da película, Agnes, Karin, Maria e Anna, catro aspectos dunha única persoa. Bergman confirmou esta visión. Para el, trátase dunha ferramenta habitual. (...) o concepto de fusionar persoas é un tema recorrente na súa obra. (...)
O enigmático título do filme tómase emprestado da descrición que o crítico musical Yngve Flyckt fixo do concerto para piano nº14 en mi bemol maior (K449) de Mozart: música que soa, segundo Flyckt, como “gritos e suspiros”.
No teatro, Bergman ten posto en escena incontables producións de Ibsen, Molière, Shakespeare e Strindberg. Porén, de entre todos os grandes dramaturgos de talla mundial, Anton Chekhov non ten apenas aparecido no canon de Bergman. Só dirixiu dúas obras do mestre ruso: A gaivota no Royal Dramatic Theatre en 1961 e Tres irmás no München Residenztheater en 1978. Isto pode parecer raro, xa que as dúas teñen moito en común e Gritos y susurros ten sido comparada moitas veces con Chekhov por moitos críticos, incluído François Truffaut: “comeza como as Tres irmás de Chekhov e remata coma O xardín dos cereixos, e no medio é máis como Strindberg”.