The Golden Thing
Das Goldene Ding
Christian Reitz, Ramin Vahabschadeh, Konstantin Sautier, Michael Jeron, Mario Zöllner
- 113 minutos
No Olimpo das películas de culto da estirpe de Walkabout (Nicolas Roeg), The Wicker Man (a de 1973), Picnic en Hanging Rock ou ¿Quién puede matar a un niño?, debería figurar esta versión da historia de Xasón e os Argonautas protagonizada por nenos. Máis psicodélica ca épica, aquí se cambia o vélaro de ouro por unha indeterminada “cousa dourada”, e a épica por enxeño e humor. Este Xasón de 13 anos cos seus reis preadolescentes faise así a un dourado mar, encontrando no seu camiño deusas dos ríos, mortíferos estreitos marítimos, evasivos xigantes e unha comunidade de intelixentes amazonas.
- Ano:1971
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Ula Stöckl, Edgar Reitz, Alf Brustellin, Nicos Perakis
- Fotografía: Edgar Reitz