The Geometry Between Me and What I See
- 63 minutos
Esta é unha película filosófica que nos convida a pensar sobre a condición humana. Sobre o sentido da nosa vida na Terra a través do contacto que describe o noso corpo cos corpos ou espazos cos que coexiste. Como afectamos e somos afectados polos corpos do noso arredor? Que tipo de identidade estamos preservando cando percorremos eses corpos e espazos?
O filme quere reivindicar a importancia de recuperarmos unha consciencia do tacto do corpo polas súas relacións coa contorna máis próxima. Para nos axudar a pensar o ser humano desde fóra, se cadra. Para vérmonos cuns ollos non só humanos, senón tamén cos ollos dos espazos que tocamos. E quizais aproximármonos a ver aspectos da nosa natureza que nin sequera coñeciamos.
The Geometry Between Me and What I See quere ofrecer un reflexo dos espazos e dos corpos poboadores das rúas e do metro dunha cidade como Barcelona, ao mesmo tempo que, por medio do movemento natural dun corpo sen xénero, revelar unha xeometría que relaciona as pegadas do seu pasado e presente dunha maneira moi precisa e singular.
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Jaime Refoyo
- Fotografía: Alex Salom
- Montaxe: Carlos Balbuena
- Produtora(s): Films 59, Jaime Refoyo