![Gens du Lac](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/gens_du_lac.jpg?itok=kkQtBxEy)
Gens du Lac
Gens du Lac
Christophe Clavert, Giorgio Passerone
- 17 minutos
Mais que dunha terra, é do lago que provén este fillo. Criado por un pai pescador, coñeceu os seus ruídos e correntes, poida que tamén a súa duración, ao tempo que a dos adultos. O lago é tamén unha fronteira, mais na auga o seu debuxo pérdese: na pesca, “oficio de homes libres”, os de Savoia e Vaud atópanse como irmáns, e se a viva voz non se fala máis que de redes e peixe, en silencio entramos ás veces na Resistencia. Durante a guerra, pasaron a Suíza refuxiados, sen comprender nunca o que acontecía, nin por que tiñan esa ollada. Logo da guerra, o fillo contribuirá a outra historia: representante municipal, participa na emerxencia, en Lausana e Thonon, dunha nova esquerda. Adaptación da novela Gens du Lac, de Janine Massard, editada por Bernard Campiche (2013). (www.straub-huillet.com)
- Ano:2018
- Países de produción: Suíza