GALICIA / Tranvías de La Coruña
- 23 min.
Viaxe turística pola Coruña, que mostra a torre de Hércules, o castelo de Santo Antón, a igrexa de Santiago, o convento de Santa Bárbara, a igrexa de Santo Domingo, os xardíns de San Carlos e outras rúas e monumentos da Cidade Vella; para continuar polo centro: porto, San Andrés, Juana de Vega e praza de Pontevedra, o edificio do Banco Pastor. Segue pola Mariña e mostra un percorrido polas liñas de tranvías, que chegan ao que hoxe é a área metropolitana. Remata mostrando a Cidade Xardín, en plena construción.
De autoría descoñecida, foi filmada en 35 mm con pulso e pulcritude, o que permite mostrar hoxe con moito detalle como era a cidade a mediados dos anos vinte. Todas tomas xerais concibidas como estampas, as dos monumentos non distan moito doutros rexistros fotográficos da época, mentres que as das rúas e prazas do centro engaden o movemento das multitudes, con actitudes ante a cámara que falan dunha época. Os comercios, os xeitos de vestir... Son imaxes que capturan ese tempo.
Con rótulos en castelán, descríbense con exultante orgullo os lugares captados pola cámara. Apréciase ademais unha fascinación pola técnica, con planos entintados e montaxes que imitan as vistas duns prismáticos sen un motivo aparente.
Dixitalización 4K realizada a partir dos materiais en 35mm conservados na Filmoteca de Galicia e financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
-
Materiais para unha historia do cine en Galicia
Coruña, anos 20
GALICIA / Tranvías de La Coruña
Versión lingüística:MudaFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:1926
- Países de produción: España