Frágil equilibrio
José Mujica
- 83 min.
Un executivo xaponés en Toquio, cunha vida baseada unicamente no seu traballo para unha corporación; unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú, na fronteira entre África e Europa, que arriscando a vida unha e outra vez intenta cruzar ao Primeiro Mundo soñando cun futuro; unha familia en Madrid que, a pesar dos esforzos por ter unha vida que o sistema entende como “normal”, acaba desafiuzada do seu propio fogar. Tres historias de contradicións que se desenvolven en distintos lugares do planeta, en distintos ámbitos socioculturais. Con todo, esas contradicións pódense atopar en calquera outro lugar, en calquera outra cultura. Narrada por José Mujica.
-
Guillermo Galoe
Frágil equilibrio
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPPresenta: Marina García López, productora.



