Encontro online con Nobuhiro Suwa
- 60 min.
Nobuhiro Suwa é un cineasta da delicadeza, do amor cara ao cinema e as súas materias, das historias cotiás e sinceras. No seu cinema reúne de forma excepcional as resonancias de autores como Yasujiro Ozu ou Hiroshi Shimizu co diálogo con autores como Roberto Rossellini ou François Truffaut. De aí o programa dobre entre ‘Yuki & Nina’ e ‘Los cuatrocientos golpes’. Tras a proxección, conversaremos sobre a súa concepción do cinema, os seus procesos de creación e o seu modo de traballo, que dalgún modo achamos condensados nesta reflexión do cineasta: “O cinema non crea o mundo; simplemente descóbreo. O cinema, é dicir, a cámara, é máis apta para captar o mundo que para supeditalo a unha visión persoal ou individual. O cinema é un lugar onde o “mundo”, que escapa completamente do control do autor, penetra. Implica sempre algún imprevisto, que vai alén da nosa intención e que excede os significados ou unha historia predeterminada”.
-
Compartir o cinema. 20 anos de 'Cinema en curso'
Yuki & Nina
Encontro online con Nobuhiro Suwa
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2025
- Países de produción: España