Eloxio do amor. Cineastas en conversa con 'Innisfree'
- 40 min.
José Luis Guerin, cineasta-espectador que en cada película celebra o cinema, viaxa á vila de Irlanda onde John Ford rodou The Quite Man (Un hombre tranquilo), para captar os ecos, presenzas e recordos que perviven no lugar corenta anos despois. “Me impresionó, cuando llegué a aquel pueblo de campesinos, que hablaran de John Ford con auténtica pasión. Me parecieron tan cercanos a los personajes secundarios de la película, con su sentido del humor, su talento como narradores... Guerín celebra a Ford, celebra o cinema, e os afectos a persoas e espazos no cinema.
Antes da proxección, Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos Flórez e Ángel Santos, conversarán sobre a súa relación creativa co cinema de Guerin, sobre como deveñen inspiración para os grupos de crianzas e mozos/as en ‘Cinema en curso’, e, máis en xeral, sobre como os seus propios procesos de creación dialogan co cinema que admiran.
-
Compartir o cinema. 20 anos de 'Cinema en curso'
Eloxio do amor. Cineastas en conversa con 'Innisfree'
Innisfree
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Participan: Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos Flórez e Ángel Santos. Modera: Núria Aidelman. Entrada de balde.
- Ano:2025
- Países de produción: España