![El ladrón de Bagdad](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/el_ladron_de_bagdad.jpg?itok=rul1gNXz)
El ladrón de Bagdad
The Thief of Bagdad
Douglas Fairbanks, Julanne Johnston, Snitz Edwards
- 149 minutos
Un mañoso ladrón que actúa nas rúas de Bagdad entra no palacio do Califa para extraer un tesouro. En cambio, ante a beleza da princesa que se atopa, acaba por tramar un plan con outro rufián para raptala nunha audiencia para pretendentes.
- Ano:1924
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Lotta Woods, Douglas Fairbanks
- Fotografía: Arthur Edeson
Trailer do filme
Versión en inglés
Cun elenco de varios miles de actores, un orzamento de 1.135.000 dólares e 65 semanas de produción, El ladrón de Bagdad foi a primeira gran película do director Raoul Walsh. Os sets de torres nun estilo art nouveau oriental foron o primeiro encargo importante para William Cameron Menzies (que despois dirixiría La vida futura e sería responsable do deseño de produción de Lo que el viento se llevó), e Fairbanks pulula ao seu redor con sofisticada graza coma o heroe de As mil e unha noites.
O desenfadado lema do ladrón é: “Tomo o que quero”. Mais atopa a redención no amor dunha princesa. Tendo repudiado antes o Islam, abrázao agora dun xeito ecuménico antes de emprender unha perigosa viaxe en competencia cos aristocráticos pretendentes da princesa e salvar Bagdad dos invasores mongois.
Philip French, The Guardian