El Grúfalo
The Gruffalo
- 55 minutos
*A partir dos 4 anos
Un ratiño pasea alegremente polo bosque. Ten moita fame, así que decide ir buscar abelás para se dar un bo festín. Polo camiño topa cun raposo, un bufo e unha serpe tan famentos coma el. Os tres o queren convidar a comer a cadansúa casa, mais o rato, que non se fía para nada das intencións deles, moi amablemente declina as invitacións porque quedou co… co grúfalo! Mais, que é un grúfalo?
Premiada no festival de Annecy e nomeada co Óscar á mellor animación, El grúfalo é un programa de dúas curtametraxes (El grúfalo e La hija del grúfalo), adaptacións do clásico da literatura infantil homónimo creado pola escritora británica Julia Donalson e o ilustrador Axel Scheffler.
- Ano:2009
- Países de produción: Alemaña, Reino Unido
- Guión: Julia Donaldson, Jakob Schuh, Max Lang
- Fotografía: Ulli Hadding, Hubert Märkl
- Montaxe: Robin Sales
- Produtora(s): Magic Light Pictures, Studio Soi, Orange Eye
-
Cuentos de ayer, hoy y siempre
Artigo sobre a adaptación dos contos á gran pantalla, por Javier Ocaña (El País)
Trailer do filme
Versión española