
El bígamo
The Bigamist
Joan Fontaine, Ida Lupino, Edmund Gween, Edmond O'Brien
- 80 minutos
Un comercial de San Francisco, Harry Graham, asiste coa muller a unha visita co obxectivo de solicitar a adopción dun neno. Ao realizárense as preceptivas pescudas sobre os pais, o señor Jordan, responsable da axencia de adopción, sospeita que o home agocha algo. Axiña saberá que está casado nos Ánxeles e ten un fillo. Estupefacto, Jordan será testemuña do seu relato. Relato fresco e áxil, de fondo complexo e inusual modernidade, que ofrece unha historia avituallada dun estimulante elenco (a propia Ida Lupino, Joan Fontaine, Edmund Gween e Edmond O’Brien).
- Ano:1953
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Collier Young
- Fotografía: George Diskant
- Montaxe: Stanford Tischler
- Produtora(s): The Filmakers