
Dunia y otros cuentos del mundo
- 58 min.
Dunia é unha nena de seis anos á que lle gusta moito xogar, aprender e descubrir novas historias. Vive cos avós en Alepo, ata que un día se ven obrigados a deixar o seu país por culpa da guerra. Todos xuntos iniciarán unha grande aventura en busca dun novo fogar. Un programa protagonizado por nenos e nenas loitadoras, imaxinativas e esperanzadoras que representan a unión de culturas e a necesidade de acoller e respectar o outro.
Dunia (Dounia), Marya Zarif, André Kadi, Canadá, 2020, 28 min.
Dunia é unha nena de seis anos á que lle gusta moito xogar, aprender e descubrir novas historias. Vive cos avós en Alepo, ata que un día se ven obrigados a deixar o seu país por culpa da guerra.
Cinema Rex, Mayan Engelman, Eliran Peled, Israel, 2020, 6 min.
Nunha cidade dividida, un neno e unha nena de bandos rivais encóntranse no Cinema Rex. El só fala hebreo e ela só fala árabe, mais a pesar de non falar a mesma lingua, lograrán formar unha verdadeira amizade baseada nunha linguaxe máxica: o do cine.
America, Nadav Arbel, Israel, 2020, 15 min.
Unha nai e o fillo viven na Tel Aviv de 1950. A nai soña cun futuro lonxe de Israel, mentres o fillo está ocupado imaxinando mundos de fantasía.
Bango Vassil, Milen Vitanov, Vera Trajanova, Bulgaria, Alemaña, 2016, 9 min.
Dous nenos comparten unha fin de ano totalmente diferente: realizan unha viaxe xeada en que terán que cruzar augas e culturas para se entender, respectar e comezar de cero.
-
Filmoteca Júnior
Dunia y otros cuentos del mundo
Versión lingüística:VEFormato:DCPEntrada de balde. (+7 anos)
- Ano:2016-2020
- Países de produción: Alemaña, Bulgaria, Canadá, Israel