
Doña Francisquita
Raquel Rodrigo, Antonio Palacios, Matilde Vázquez, Manuel Vico
- 86
Adaptación da coñecida zarzuela creada en 1923, un fito do teatro lírico a modo de historia de enredo amoroso a varias bandas, coa disputa amorosa de Don Matías e o seu fillo Fernando pola moza Dona Francisquita como epicentro narrativo. Un filme que ilustra a complexidade e os estímulos novidosos ofrecidos por certo cine do período republicano, tanto na súa exemplificación do desexo feminino coma na fértil ensamblaxe cultural -producida por Ibérica Films, creada por alemáns de orixe xudía. Restauración dixital da copia derivada dunha colaboración entre o Centro de Conservación e Restauración de Filmoteca Española e o Teatro da Zarzuela.
- Ano:1934
- Países de produción: España
- Guión: Hans Jacoby, Francisco Elías; Guillermo Fernández Shaw, Federico Romero (obra)
- Fotografía: Heinrich Gärtner
- Montaxe: Paul Falkenberg
- Produtora(s): Ibérica Films