Diecisiete
Biel Montoro, Nacho Sánchez, Lola Cordón
- 107 minutos
Héctor, de 17 años, interno nun centro de menores, participa nunha terapia de reinserción con cans onde establece un vencello indisoluble cun animal tan coitado e esquivo coma el. Cando un día o seu can non aparece porque por fin foi adoptado, Héctor, lonxe de se alegrar, decide liscar para buscalo. Así comeza unha viaxe inesperada, en que participan o seu irmán máis vello Ismael, a súa avoa Cuca, dous cans, unha vaca e outros animais.
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Daniel Sánchez Arévalo
- Fotografía: Sergi Vilanova Claudín
- Montaxe: Miguel Sanz
- Produtora(s): Atípica Films