Decorado
- 11 minutos
Unha fábula irónica e existencialista sobre o sentido da vida e das nosas relacións. Un híbrido entre o conto de terror e a comedia subversiva. Trátase dun traballo de autor, que alén do argumento ou do contido existencial, contén unha aposta formal inusual e arriscada: unha das características principais é o emprego dunha estética que imita os gravados clásicos do século XIX. A historia está protagonizada por animais, comúns na animación tradicional, mais que teñen sentimentos e problemas moi humanos, o que fai contrastar a forma e o contido e tingue o filme dun corrosivo sentido do humor.
- Ano:2016
- Países de produción: España
- Guión: Alberto Vázquez