![Alberto Vázquez](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/full_width_breakpoints_theme_cgai_xs_1x/public/decorado.jpg?itok=KXNjC1r9×tamp=1664914119)
Alberto Vázquez
Do 14 de outubro de 2022 ao 18 de outubro de 2022
O enorme talento de Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) facilita un dos universos máis persoais da animación actual. Xa sexa como destacado ilustrador, debuxante, novelista gráfico, músico –vid. a banda de culto Mano de Obra- ou cineasta, o autor posúe tanta xenialidade como un progresivo recoñecemento, exemplificado incluso en tres premios Goya e un nomeamento aos Oscar.
Aproveitando a circunstancia da estrea en salas estes mesmos días de Unicorn Wars (2022), a súa última e agardada longametraxe, exhibimos unha retrospectiva da súa obra, impregnada de elementos poéticos, tan frutífera como chea de potente simbolismo. Dono dun humor corrosivo e dunha posta en escea abraiante, é un mestre en trazos singulares que fían con coherencia obra gráfica e audiovisual. Títulos como Birdboy, Decorado, Homeless Home ou a longametraxe Psiconautas. Los niños olvidados, adaptación do célebre cómic, así o indican. Non resta máis que disfrutalo.
Agradecementos: Alberto Vázquez, Chelo Loureiro.
![Psiconautas, los niños olvidados](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/psiconautas.jpg?itok=rQRY8YiQ)
Psiconautas, los niños olvidados
![Birdboy](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/birdboy_c-889757251-large.jpg?itok=ah68w0YA)
Birdboy
![Decorado](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/decorado_c-454897915-large.jpg?itok=J_IOABLZ)
Decorado
![Homeless Home](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/homeless_home_c-187823747-large.jpg?itok=4RzU7Flk)