Curtas de Hugh Harman e Rudolf Ising
- 75 min.
I love a parade (1932). The old mill pond (1936). The blue Danube (1939). Peace on Earth (1939). The bear that couldn't sleep (1939). Merbabies (1939). The milky way (1940). Lone some stranger (1940). The first swallow (1942).
-
Grandes mestres da animación
Curtas de Hugh Harman e Rudolf Ising
Versión lingüística:VEFormato:16mm.
- Ano:1932-1942
- Países de produción: Estados Unidos
Notas sobre o programa
Ignacio Benedeti Corzo
Se quen isto le foi deses espectadores que disfrutou aclamando Akira co gallo da súa estrea fai un par de anos, recomendamoslle que abandoe a butaca imediatamente, xa que a delicadeza, a cándida tenrura e o engado marabillosamente infantil dos cartoons que se proxectarán nesta sesion pareceranlle fóra de época. Pero se vostede é desa clase de persoas que detesta a violenta, e artisticamente deficiente, animación xaponesa actual e que, ademais, por suposto, non foi ver a última pelicula de Stone, reláxese e prepárase para recibir unha bocanada de aire fresco
Comezaremos por recordar que Harman e Ising foron considerados durante os anos trinta como os mais grandes animadores da década, inmedialamente detrás de Disney e dos irmáns Fleischer, aínda que na actualidade o polvo do esquecemento cubre as súas delicadas creacións, ata o punto que a literatura especializada norteamericana só se ocupa de elas moi de pasada. É por isto que nos permitimos recomendar ó cinéfilo entusiasta que conserve este texto na súa biblioteca cinematográfica.
Harman e Ising iniciáronse no mundo dos debuxos animados durante 1922 da man de Walt Disney, nas series Laugh-O-Grams, Alice e Oswald. En 1929, cando Winkler rompeu o seu acordo de producción cinematográfica con Disney, Harman e Ising proseguiron animando algún cartoon de Oswald para Winkler, ata que o distribuidor e propietario do personaxe, Universal Pictures, decidiu traballar en exclusiva con Walter Lantz. Harman e Ising quedáronse de repente sen traballo xusto no ano en que Walt Disney, con Steamboat Willie, demostrou o valor comercial dos cartoons sonoros.
Rudolph e Hugh decidiron entón crear un novo personaxe, Bosko, co que filmaron unha curtametraxe sonora chamada Bosko the talk-inn kid. Tras intentar conseguir sen éxito a súa distribución por varios estudios, toparon con Leon Schlesinger, por entón cabeza visible de Pacific Art and Title (histórica compañía que aínda hoxe titula moitas películas). Schlesinger, que tiña apoiado financeiramente ós irmáns Warner na arriscada aventura de The Jazz singer (a primeira película sonora de distribución comercial), creu nas posibilidades comerciais e artísticas de Harman e Ising, así que propuxo ós Warner a idea dunha serie de debuxos animados con el como productor, Harman e Ising como directores e a Warner como distribuidora. Desta forma foi como, da man de Harman e Ising, naceu a popular serie Looney Tunes, que inicialmente contaba só con cartoons protagonizados por Bosko. En 1931, co fin de promover as cancións populares das películas e compañías musicais da Warner, Harman e Ising crean outra serie, Merrie Melodies, cuns cartoons que na epoca contaban, cando menos, cunha canción. Chegado este punto, Harman Permanecía como director dos Looney Tunes, mentres que lsing se ocupaba das Merrie Melodies. Como mostra desta etapa, iniciamos a sesión coa proxección de I love a parade (WB, 1932), onde, dito sexa como curiosidade, poderemos contemplar unna caricatura de Mahatma Gandhi.
En 1933, tendo acadado os cartoons da Warner considerable éxito popular, Hugh e Rudy demandaron a Schlesinger presupostos máis altos a fin de conquerir unha calidade de animación disneyana. Pero Schlesinger, que non era un artista, senón un home de negocios que miraba escrupulosamente cada centavo gastado, non estaba pola labor de afloxar os petos.
Mentres, a productora con máis reputación dos anos 30, a MGM, que non estivera interesada no cine de animación ata que chegou o éxito de Disney, ofreceu á parella o dobre de presuposto có que tiñan na Warner, coa finalidade de producir unha nova serie de cartoons en cor, que se denominaria Happy Harmonies.
Aínda que socios e amigos, Harman e Ising soían dirixir cada cartoon independentemente, unidos polo común anceio de superar as aclamadas Silly Symphonies de Disney. Desde 1934 en adiante dirixiron para a productora do león entre oito e doce cartoons por ano. A proxección de hoxe seguirá cunha moi boa mostra das Happy Harmonies: The old mill pond (Harman, 1936), nusical «all black» que carece do cheiro racista doutros cartoons da época, para proseguir con outra obra mestra: The Blue Danube (Harman, 1939), cunha delicado sensibilidade que obriga a visionalo perodicamente. En 1939 Harmon dirike o seu traballo máis famoso: Peace on Earth, do que disfrutaremos en cuarto lugar. Estreado nos cines americanos durante o nadal dese ano, cando Europa xa estaba en guerra, a cartoon, soberbiamente animado, mostra as audiencias un imperecedeiro mensaxe de pacifismo responsable.
Ademais de resultar finalista ó Oscar, Peace on Earth recibiu vurios premios e homenaxes, amén dunha promoción especial por parte da MGM. Pero tal vez o mais grande iributo a película de Harman foi o remaka en CinemaScope polos seus antigos pupilos Hanna & Barbera dezaseis anos mais farde co título Good will to men, proxectado hai uns anos nesta mesma sala.
A sesión continua con oufro importante cartoon de 1939. The bear that couldn't sleep, de Ising, o éxito do cal deu pé a toda unha serie co oso Barney como protagonista, Ese mesmo ano, 1939. Harman e King dirixen nado menos que para Walt Disney unha das máis fermosas Silly Symphonies, Merbabies, acreditada na documentacion da época a nome dun inexistente George Stalling, a fin de non incordiar a MGM, copia que visionaremos en sexto lugar:
Ainda que Ising se concentrou nos cartoons protagonizados por Barney durante os seus derradeiros anos dirixindo para a Metro, de vez en cando filmou películas sen personaxe concreto, como a caulivadora The milly way (1940), a antepenúltima da proxección de haxe e coa cal a Metro conqueriu un Oscar da Academia despois de que esta levase premiando a Disney durante sete anos consecutivos:
Pero algo moi especial estaba sucedendo na Unidade de Animación dirixida por Ising durante a primeira metade de 1940, algo que, de feito, ia modificar o programa de animación para os anos sucesivos: o nacemento de Tom e Jerry en Puss gets the boot (1940), da man dos entón acólitos de Harman e sing, os xa referidos William Hanna e Joseph Barbera. O éxito da nova parella motiva que os xerifaltes da MGM esixan a Harman e Ising un tipo de humor mais mordaz, mais violento, para o que non estaban preparados porque non era do seu agrado. Unha mostra disto constitueo Lone some stranger (Harman, 1940), parodia dos entón populares seriais de The Lone Ranger (El llanero solitario), que é o oitavo traballo que se exhibe nesta sesión. O tipo de cine de Hanna e Barbera, unido á arribada na MGM de Tex Avery, en 1942, eclipsaría pouco a pouco a estrela de Harmon e Ising. A delicadeza de The first swallow (Ising, 1942), cortoon co que conclue a proxección, resultaba lamentablemente obsoleto nun mundo que se tomaba cada vez máis violento.