
Cuando fuimos brujas
Einitréð (The Juniper Tree)
Björk Guðmundsdóttir, Bryndis Petra Bragadóttir, Valdimar Örn Flygenring, Guðrún Gísladóttir, Geirlaug Sunna Þormar
- 78 minutos
Ao final da Idade Media, a moza Margit e a súa irmá máis vella Katla foxen ás montañas despois da morte da nai, queimada por bruxaría. Ambas encontran refuxio con Jóhann, un viúvo que vive co fillo pequeno Jónas. Mentres Katla trata de seducir o campesiño, Margit e Jónas fanse bos amigos. Mais o pequeno está convencido de que Katla é unha bruxa e ódiaa profundamente…
Cuando fuimos brujas é un conto de fadas sen edulcorantes, protagonizado por Björk antes de se converter nunha estrela do pop.
Baseada no conto The Juniper Tree dos irmáns Grimm.
Restauración de Wisconsin Center for Film & Theater Research, The Film Foundation, coa colaboración de George Lucas Family Foundation.
-
-
-
Cineclube Padre Feijoo
Cuando fuimos brujas
- Ano:1990
- Países de produción: Islandia
- Guión: Nietzchka Keene
- Fotografía: Randy Sellars
- Montaxe: Nietzchka Keene
- Produtora(s): Nietzchka Keene