Cuaderno de bitácora + Noite meiga
- 19 min.
Dúas curtas do estudio de animación Algarabía, especializado en stop-motion, capitaneado por Tomás Conde e Virginia Curiá. Na primeira delas, un mozo afeccionado á lectura atopa nunha biblioteca o caderno de bitácora dun barco pirata. Nel descobre o mapa dun tesouro que se atopa nos sotos do edificio. O plano levarao a vivir unha pequena aventura. Na segunda, unha nena busca o seu can e observa ás agochadas a celebración dunha queimada nun bosque. O lobo descóbrea.
-
Produción galega
Cuaderno de bitácora + Noite meiga
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Entrada gratuíta.
- Ano:1997-1998
- Países de produción: España
- Guión: Tomás Conde, Virginia Curiá
- Fotografía: Virginia Curiá