
Cantares de una revolución
Nacho Vegas
- 80 minutos
Non é só a voz de Nacho Vegas, quer reinterpretando en presente o legado musical popular daquela revolta da dignidade que foi a Revolución do 34, quer restituíndo a condición de palabra dita da memoria daqueles días de Belarmino Tomás, a que nos sitúa naquel heroico e tráxico mes de outubro en Asturias. Todo, na nova película de Ramón Lluís Bande, establece unha ponte visual e emocional con aqueles días. Unha ponte forxada nos rostros, nas imaxes, nos sentimentos, as lembranzas do último levantamento obreiro en Europa Occidental. Da toma dos cuarteis ao asasinato de Aída de la Fuente, da entrada dos regulares en Oviedo á brutal represión posterior. Un anaco do pasado que se antolla necesario lembrar ante o renacemento do revisionismo pseudohistórico, perante o xurdimento dun fascismo, branqueado mais igualmente atroz, que algúns cremos soterrado para sempre. (Martín Cuesta, Catálogo FICX 2018)
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Ramón Lluís Bande
- Fotografía: Juan A. García
- Montaxe: Dani Álvarez
- Produtora(s): De la Piedra Producciones