
Buscar trabajo
Pablo Limarzi (voz)
- 25 min.
En 1903 un home viaxa por Arxentina para observar o estado das clases obreiras.
O guión desta película foi escrito a partir de adaptacións dos Informes sobre el estado de las clases obreras argentinas de Juan Bialet Massé.
Buscar trabajo forma parte da película Lo que vieron aquellos ojos xunto a curtametraxes de Florencia Labat, Franco Figueroa e Manque La Banca. Foi producida no marco da Bienal de Arte Joven 2022, a través da convocatoria ‘Experimentación audiovisual: 50 años del Museo del Cine’. Os materiais desta película forman parte da Colección de Nitratos Argentinos del Museo del Cine Pablo Ducrós Hicken. O proceso de traballo de Lo que vieron aquellos ojos estivo coordinado por Maui Alena e acompañado pola asesoría de Malena Solarz e Pablo Padovani.
- Ano:2022
- Países de produción: Argentina
- Produtora(s): Museo del Cine Pablo Ducrós Hicken