Bajo las piedras
Bajo las piedras
- 64 minutos
O filme estrutúrase en dúas partes. A primeira, aberta, serve de soporte para que o espectador se dedique a un exercicio contemplativo. Trátase da creación dun tempo fílmico. Coa noite, o filme cambia a unha parte simbólica: execútase unha ficcionalización do sagrado, da iconografía e dos tipos da pintura barroca e a súa temática ascética, da mitoloxía astrolóxica e os seus signos astrais, do xénero documental cinematográfico e televisivo da Física Astronómica e da Historia bélica e social dos séculos XX e XXI. A resolución, a modo dialéctico, sintetiza as dúas partes nunha posta en escena que é un xesto-danza ritual, á par que inmanente.
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Jesús Sú
- Produtora(s): Aristócratas Mendigos