Atrapa a un ladrón
To Catch a Thief
Cary Grant, Grace Kelly, Jessie Royce Landis, John Williams, Charles Vanel
- 106 minutos
John Robie, célebre ladrón americano alcumado “O Gato” e heroe da Resistencia, vive comodamente na Costa Azul, xa retirado e grazas ao produto dos seus roubos pasados. A súa tranquilidade vese turbada por unha serie de roubos de xoias nas mansións da rexión, cometidos por unha man tan experta coma a súa e co mesmo estilo. “Trátase só certamente dunha diversión. Mais despois de dicir isto, hai que se dar présa en engadir que Atrapa a un ladrón non deixa de ser un filme excelente, e onde Alfred Hitchcock puxo algo máis que a habilidade máis grande do mundo, xa que son doados de topar nesta película os temas que lle gustan e que a crítica francesa hitchcockiana parece que llos revelou”. (André Bazin)
- Ano:1955
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: John Michael Hayes, David Dodge (novela)
- Fotografía: Robert Burks
- Montaxe: George Tomasini
- Produtora(s): Paramount Pictures