Atormentada
Under Capricorn
Ingrid Bergman, Joseph Cotten, Michael Wilding, Margaret Leighton, Cecil Parker
- 117 minutos
Australia, 1935. Charles Adare, sobriño do gobernador e procedente de Inglaterra, é convidado a cear á casa de Sam Fluski, este último casado cunha das primas do primeiro, lady Harrietta. Esta dominada por Milly, a gobernanta, ten problemas, mesmo co alcol. Adare tenta axudar a muller, ao tempo que se namora dela. “O crime, os segredos, e os complexos de culpabilidade...e unha ama de chaves perversa: Under Capricorn inclúe moitos dos elementos habituais de Hitchcock, mais, ao igual que ocorría en Rebeca, non se encadran, no marco dun thriller, senón no do romance gótico; un problema que Hitchcock non consegue superar ata que inverte a xeometría sexual en Vértigo. Under Capricorn constituíu un vehículo para Ingrid Bergman e continuou cos experimentos de cor e as tomas longas incididos en Rope (La soga)” (James Monaco, Take One).
- Ano:1949
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: James Bridie, Hume Cronyn; John Colton, Margaret Linden (obra teatral); Helen Simpson (novela)
- Fotografía: Jack Cardiff
- Montaxe: Bert Bates
- Produtora(s): Trasatlantic Pictures, para Warner Bros.